domingo, 3 de setembro de 2023

LANÓBRIGA, CIDADE GALAICA

 


Coa axuda deste video faremos un paseo virtual polo que hoxe coñecemos como "Castro de San Cibrao de Lás". Esta cidade galaica na actual provincia de Ourense foi un dos maiores asentamentos galaicos da Idade de Ferro, dous séculos antes de Cristo.
Forma parte dun proxecto que comezou hai máis de tres anos, e nel participan os membros do CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia): Carlos Paz e Anxo Miján, baixo a dirección de Paco Boluda (Growia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario sempre con respecto. Grazas.

O Castro das Barreiras

  Este é un castro diferente. Mentres que a maioría dos emprazamentos da Idade de Ferro se localizaban en lugares elevados, con difícil acce...