xoves, 9 de novembro de 2023

O Castro de Baroña

 Pola súa espectacular localización, o Castro de Baroña é un dos máis especiais de Galicia. Ocupa unha península de rochas e area, polo que está practicamente rodeado polo mar. A vida dos seus habitantes non debeu ser fácil, polo que é indubidable que deberon ser mariñeiros bravos e resistentes. 


luns, 6 de novembro de 2023

O Castro de Borneiro

 O Castro de Borneiro, tamén coñecido como "A Cidá de Borneiro", é un dos castros máis coñecidos de Galicia, se cadra pola proximidade ao famoso Dolmen de Dombate. Foi habitado hai máis de 27 séculos, sen dúbida por persoas que buscaban a proximidade da auga (fontes) e unhas vistas privilexiadas sobre a ría que forma o Río Anllóns, en Ponteceso. 


domingo, 5 de novembro de 2023

O Castro das Barreiras en Vimianzo

 Xusto a carón da estrada que atravesa Vimianzo está este castro, actualmente agardando por novas quendas de excavación. Como nos sentiríamos se estivésemos no medio do castro? Podedes facervos unha idea mirando este vídeo moi breve. Pensade que o que queda das vivendas estivo soterrado moitos séculos.


O Castro de Baroña

 Pola súa espectacular localización, o Castro de Baroña é un dos máis especiais de Galicia. Ocupa unha península de rochas e area, polo que ...