Este é o blog onde recollemos as actividades desenvolvidas no CEIP OS MUÍÑOS dentro do PDI "Confín dos verdes castros", desenvolvido no curso 2023/2024
sábado, 30 de setembro de 2023
OS CADERNOS DE 6º
O alumnado de 6º de Educación Primaria non podía comezar o curso de mellor forma: aproveitan a simboloxía repetida nos xacementos históricos dos castros para decorar os seus cadernos. Velaí unha mostra:
luns, 18 de setembro de 2023
Preparando o novo curso
Como todos os anos, andamos afanados en preparar o novo curso, estreando lapis e cadernos... Neste setembro o alumnado de sexto de primaria achégase aos tempos pasados decorando os seus novos cadernos con símbolos celtas. O resultado é fantástico!
domingo, 3 de setembro de 2023
LANÓBRIGA, CIDADE GALAICA
Coa axuda deste video faremos un paseo virtual polo que hoxe coñecemos como "Castro de San Cibrao de Lás". Esta cidade galaica na actual provincia de Ourense foi un dos maiores asentamentos galaicos da Idade de Ferro, dous séculos antes de Cristo.
Forma parte dun proxecto que comezou hai máis de tres anos, e nel participan os membros do CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia): Carlos Paz e Anxo Miján, baixo a dirección de Paco Boluda (Growia).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O Castro das Barreiras
Este é un castro diferente. Mentres que a maioría dos emprazamentos da Idade de Ferro se localizaban en lugares elevados, con difícil acce...
-
Este é un castro diferente. Mentres que a maioría dos emprazamentos da Idade de Ferro se localizaban en lugares elevados, con difícil acce...
-
O Castro de Borneiro, tamén coñecido como "A Cidá de Borneiro", é un dos castros máis coñecidos de Galicia, se cadra pola proxim...
-
Pola súa espectacular localización, o Castro de Baroña é un dos máis especiais de Galicia. Ocupa unha península de rochas e area, polo que ...