mércores, 19 de xuño de 2024

O Castro das Barreiras

 


Este é un castro diferente. Mentres que a maioría dos emprazamentos da Idade de Ferro se localizaban en lugares elevados, con difícil acceso e con vistas a unha ampla extensión de terreo, As Barreiras está situado en pleno val, rodeado de montes, aproveitando unha gándara próxima e fornecido, iso si, co seu descomunal muro. 

Desde hai varios anos, o castro foi excavado en sucesivas campañas, dirixidas polo arqueólogo Tito Concheiro. Grazas a estas investigacións, o concello de Vimianzo, onde atopamos o castro, pode presumir de ter un xacemento arqueolóxico de primeira liña, que promove e potencia como punto de interese cultural e histórico. 


xoves, 9 de novembro de 2023

O Castro de Baroña

 Pola súa espectacular localización, o Castro de Baroña é un dos máis especiais de Galicia. Ocupa unha península de rochas e area, polo que está practicamente rodeado polo mar. A vida dos seus habitantes non debeu ser fácil, polo que é indubidable que deberon ser mariñeiros bravos e resistentes. 


luns, 6 de novembro de 2023

O Castro de Borneiro

 O Castro de Borneiro, tamén coñecido como "A Cidá de Borneiro", é un dos castros máis coñecidos de Galicia, se cadra pola proximidade ao famoso Dolmen de Dombate. Foi habitado hai máis de 27 séculos, sen dúbida por persoas que buscaban a proximidade da auga (fontes) e unhas vistas privilexiadas sobre a ría que forma o Río Anllóns, en Ponteceso. 


domingo, 5 de novembro de 2023

O Castro das Barreiras en Vimianzo

 Xusto a carón da estrada que atravesa Vimianzo está este castro, actualmente agardando por novas quendas de excavación. Como nos sentiríamos se estivésemos no medio do castro? Podedes facervos unha idea mirando este vídeo moi breve. Pensade que o que queda das vivendas estivo soterrado moitos séculos.


xoves, 26 de outubro de 2023

OS TORQUES DE BETANZOS

 

Aínda que parece imposible, aínda nestes días podemos atopar restos desta calidade mentres traballamos na nosa leira. Isto pasou no mes de maio nunhas obras realizadas nunha finca de Betanzos, nas Mariñas da Coruña, en pleno Golfo Ártabro. Segundo a nova que aparece na páxina de Gciencia, os propietarios contactaron deseguido coas autoridades, e estes fermosos e valiosísimos torques están agora no Museo Arqueolóxico de San Antón. 

sábado, 30 de setembro de 2023

OS CADERNOS DE 6º

O alumnado de 6º de Educación Primaria non podía comezar o curso de mellor forma: aproveitan a simboloxía repetida nos xacementos históricos dos castros para decorar os seus cadernos. Velaí unha mostra:

luns, 18 de setembro de 2023

Preparando o novo curso

 Como todos os anos, andamos afanados en preparar o novo curso, estreando lapis e cadernos... Neste setembro o alumnado de sexto de primaria achégase aos tempos pasados decorando os seus novos cadernos con símbolos celtas. O resultado é fantástico!



O Castro das Barreiras

  Este é un castro diferente. Mentres que a maioría dos emprazamentos da Idade de Ferro se localizaban en lugares elevados, con difícil acce...